Galeoska

Galeoska é un grupo de artistas de diferentes disciplinas que se aúnan cunha mesma paixón, a Arte. Galeoska nace no ano 2017 da man de dous artistas Martina Bugallo (Manselle - 1978) e de Sergio Ribeiro (Lisboa - 1962). Este grupo organiza dende os seus comezos xornadas formativas e informativas sobre arte en xeral, feiras de arte, mostras colectivas e individuais para os seus membros, baixo un lema de igualdade e cooperación entre os seus integrantes.

Galeoska non é unha asociación ao uso pero este feito non impide que este grupo artístico desenvolva actividades comúns ao longo do ano. Galeoska tamén participa con outros grupos e asociacións en diversas actividades conxuntas.

No Grupo Galeoska (Galegos/as Koa Arte) todos/as os/as artistas son valorados e respectados por igual. Avógase pola non discriminación pola idade, o xénero, ou os anos de experiencia na súa disciplina.

Galeoska valora moito os/as artistas, e máis a aqueles que se involucran en proxectos de interese común, a aqueles que participan activamente, ben nas diferentes actividades que o grupo organiza ou apoiando e aportando ideas, iniciativas propias ou con outras intervencións que contribúen ao cooperativismo.

Publicacións

Primeiro número da revista Galeoska, revista de arte galega. Entrevista e portada de Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.

Se desexas ver o contido preme no seguinte enlace.

Neste primeiro número poderás atopar a anetadocamilo nas páxinas 78-79.