Sobre min

Anetadocamilo é a sinatura coa que eu, Beatriz Bascoy Cao, asino os meus lenzos.

Anetadocamilo fala de orgullo polos ancestros e pola miña terra.

Considérome unha artista comprometida socialmente e trato de utilizar a pintura para reflectir a problemática social e para convertir as miñas obras en instrumentos de loita.

No feminismo, na desigualdade e en diversas inxustizas sociais, están inspirados moitos dos meus lenzos e trato de en todos e cada un deles espertar emocións nos ollos de quen os observa.

Para min un cadro é moito máis ca un elemento visual decorativo. Non entendo unha obra de arte se ésta non transmite emocións e trato de que nalgún momento as miñas obras o consigan.

Dende un primeiro momento desta andaina a miña única pretensión foi a de canalizar as miñas inquedanzas e a de tratar de emocionar ás persoas que se acerquen ós meus cadros.

Marqueime como principio fundamental o lema de que por encima de todo “PINTO PORQUE ME PETA”.

Últimos eventos

Exposición colectiva Hotel Oca Puerta del Camino

Do 11 de Setembro ao 11 de Outubro de 2020

GóisOrosoArte 2020

Do 4 ao 30 de Setembro de 2020

Exposición en Común "Arte na Ría"

Do 18 de Agosto ao 18 de Setembro de 2020

Ó son das ondas

Do 10 de Agosto ao 10 de Setembro de 2020

Círculo Artístico Gato Negro

Do 18 de Julio ao 18 de Agosto de 2020

Círculo Artístico Gato Negro

Do 8 de Marzo ao 10 de Maio de 2020

Casa da Cultura de Outes

Do 2 ao 31 de Marzo de 2020

Castelo de Pambre

Febreiro de 2020

San Benito de Lérez

01-02 Febreiro de 2020

Concello de A Guarda

Do 21 de Decembro ao 4 de Xaneiro de 2020

Bandeira

Do 8 de novembro ao 3 de decembro

Carril

Do 9 de novembro do 2019 ao 11 de xaneiro de 2020

Boiro

Do 13 de Xullo ao 30 de Agosto

Londres

Do 1 ao 4 de Outubro

Agolada

10, 11 e 12 de Agosto

Padrón

Do 29 de Xuño ao 13 de Xullo

Centro Cívico do Ensanche

Novembro 2018

Moha Rúa Nova

Abril 2018